viernes, 1 de noviembre de 2013

Relación entre dieta e medio ambiente (I)

O medio que nos rodea afecta ao noso corpo e aos nosos alimentos, pero tamén ocorre o revés. A nosa dieta pode afectar ao medio ambiente. Nesta entrada vou falar da primeira parte, de como os alimentos son afectados polo medio ambiente. 
En que afecta o medio na alimentación? Pois para comezar, condiciona os hábitos alimentarios. Antes máis que agora, xa que non habia un comercio internacional tan importante, observávase unha diferencia entre a dieta dunha vila mariñeira a dunha aldeiña de monte. No que si que notamos máis a diferencia na actualidade e no cambio da alimentación do inverno ao verán, por exemplo. O medio tamén influe na selección dos alimentos e determina cales están dispoñibles. Hai que destacar que tamén influe na composición nutricional, pero hai problemas.
O principal problema dos alimentos en relación co seu medio é a contaminación ambiental.
Nos alimentos hai presencia de metais pesados, contaminandoos. Algúns xa están presentes na corteza terrestre do planeta, polo cual a súa presencia non se pode evitar nin erradicar. Os efectos dependerian da concentración que dispoñan en cada zona. Os principais metais pesados serían o arsénico, mercurio, plomo, cadmio e aluminio. Pero a actividade industrial pode aumentar a concentración destes metais, afectando así aos alimentos; ou pode dar lugar á aparición outros metais pesados. Como exemplo, unha lista dalgúns datos de varios metais.
  • Mercurio: a principal fonte de contaminación por culpa deste metal son as industrias químicas, que se acumula no medio ambiente e podemos inxerir mediante o pescado.
  • Plomo: que o plomo fora usado ata fai pouco tempo nas tubaxes de auga fixo que fora unha causa importante de contaminación. O plomo tamén se utiliza nas gasolinas (obviamente, na Sin Plomo, pois non...) Esto deu lugar a un aumento da concentración de plomo en cultivos preto de autopistas e estradas.
  • Cadmio: Está presente en pilas, plásticos, minas ou colorantes industriais. Pasa do chan aos vexetais de forma rápida.
Outra maneira de contaminación de alimentos é pola presencia de bacterias (Salmonella, E.Coli, Yersinia, Listeria o Campylobacter). Estas bacterias aqui nomeadas son as máis frecuentes e teñen cada vez máis importancia, pois están mutando e facéndose resistentes aos tratamentos aplicados para eliminalas.

 
 
Por último, hai que ter en conta o uso de pesticidas ou plaguicidas. Son un factor moi importante na contaminación ambiental, sendo os vexetais, froitas e hortalizas os alimentos máis afectados. Os productos de orixe animal e os aceites, ainda que pareza que non, tamén se ven afectados.

 
 
 
Fonte: Consumer.

No hay comentarios:

Publicar un comentario