domingo, 3 de noviembre de 2013

Deportes según a túa idade.

Todos sabemos que realizar deporte é básico para levar unha vida saudable, pero non todos os deportes son "aptos para todas as idades". O organismo e as características físicas son diferentes, polo que podemos diferenciar unhas etapas vitais e relacionalas cas actividades deportivas que serían as máis indicadas:

  • A infancía é unha etapa onde o deporte que realizamos é maiormente nas clases de educación física, nas actividades extraescolares e xogando no parque cos demáis rapaces. Por iso destacamos que o xogo ten que ser a principal forma de deporte, xa que ademáis de realizar exercicio, os xogos desenrolan as cualidades motrices, coordinación e equilibrio. Todo isto é importante, xa que na infancia o corpo ainda non está formado.

  • Na adolescencia o deporte pasa a un primeiro plano, xa que ademáis de axudarnos a sociabilizarnos, fainos gañar autoestima, coñecer o noso corpo e axudar o desenrolo dos músculos. É importante non realizar entrenamientos ou xornadas que poidan sobrecargar os músculos, xa que estes están en proceso de formación. O deporte pode ser fundamental para levar mellor esta etapa de transición de neno a adulto. Nestas idades o atletismo, fútbol ou baloncesto son os deportes máis escollidos.
  • Na etapa da xuventude, o noso potencial físico estaría no seu máximo, polo que é a etapa ideal para practicalo. Realizar deporte neste período podenos axudar a previr desordes e problemas de saude no futuro, estimulando ao sistema musculo-esquelético. Nesta etapa o noso corpo comeza a acumular máis grasa, por eso é importante realizar deporte, entrenando a súa vez a forza, resistencia e a potencia.
  • Cando nos convertemos en adultos, o noso corpo experimenta un estancamento, polo que o deporte serviria para retrasar a falta de funcionalidade e o envellecemento. O obxetivo nestas idades é manter o tono muscular, insistindo no traballo cardiovascular e respiratorio.

  • Na vellez, nótase a caida na forma física de maneira moi importante, xa sexa na falta de velocidade ou reacción, a resistencia ou a forza. O fundamental nesta etapa é non perder a movilidade, por iso nesta etapa conta máis realizar actividade deportivas habitualmente que o esforzo. Manternos activos axudaranos a manter unha boa circulación sanguínea e a oxigenación. Nesta etapa, os deportes máis escollidos son a natación, andar, ximnasia de mantemento e "tai-chi" e similares.
Fonte: Vitonica

No hay comentarios:

Publicar un comentario