O sol é necesario e indispensable na nosa vida, xa que ao incidir sobre nosa pel produce diversos efectos, que poden ser beneficiosos como perxudiciais se hai unha exposición prolongada e sen a protección axeitada. É decir, que o seu exceso é malo pero non podemos vivir sen sol.
O sol é a principal fonte de vitamina D, necesaria para que o organismo poida absorber o calcio co obxectivo de manter os ósos fortes e sanos. O normal seria que unha exposición de 10 a 15 minutos tres veces á semana sexa suficiente para o traballo desta vitamina. Pode darse o caso de que non se produza a suficiente cantidade de vitamina D debido a que a xente non viva en lugares soleados, ou debido a que o único sol que toman é o que pasa pola fiestra, pero neste caso non se producirá vitamina D.
Outros beneficios para o organismo son que o sol mellora a resposta muscular, disminue a presión sanguínea, baixa os niveis de colesterol e incrementa a resposta imnunolóxica. Outros factores a ter en conta é que optimiza a capacidade de traballo cardiovascular e mellora a resistencia en probas de tolerancia. A respiración vese mellorada ca exposición moderada ao sol, especialmente en asmáticos, e tamén reduce a incidencia de infeccións respiratorias. A osixenación tamén se ve incrementada, debido a que a hemoglobina aumenta a súa concentración no sangue grazas a esta estrela. Pero non solo se quedan no aspecto físico, xa que o sol tamén afecta ao noso estado psicolóxico, mellorando o noso estado de ánimo. Hai xente que sufre depresión nos meses de outono ou inverno, e nestes casos recoméndase a fototerapia como tratamento. En diversas enfermedades ou patoloxías como a psoriasis ou en casos non tan severos, como o acné, os raios solares poden axudar a remisión dos efectos.
Debido a que nas últimas decadas e na actualidade, un bó bronceado é importante para estar guapos, a xente comezou a tomar o sol en exposicións prolongadas e sen protección axeitada á radiación ultravioleta. E como todos sabemos, isto pode provocar á aparición de eritremas, quemaduras de primer e segundo grado e a inhibición do sistema inmunitario. A túa vista pode verse afectada debido á aparición de cataratas e outros trastornos oculares. Pero hai unha cousa que destaca sobre todo, a aparición do cancro de pel, así como a aparición de outros trastornos cutáneos, xunto cun envellecemento da pel antes de tempo.
E como este blog vai enfocado á vida saudable e deportiva, recomendar que no verán non se fagan actividades deportivas tales como correr, xogar o tenis ou o futbol nas horas centrais do día. E tanto coma despois do amencer coma antes do solpor levar gafas de sol, unha gorra se fai moita calor e poñer protección solar.
E como este blog vai enfocado á vida saudable e deportiva, recomendar que no verán non se fagan actividades deportivas tales como correr, xogar o tenis ou o futbol nas horas centrais do día. E tanto coma despois do amencer coma antes do solpor levar gafas de sol, unha gorra se fai moita calor e poñer protección solar.
Fonte: Sanitas, Eltiempo, Runners
No hay comentarios:
Publicar un comentario