En entradas anteriores (El deportista y el alcohol , Fumar e o deporte) puidemos ver como dous hábitos moi frecuentes na población afectan o deportista, especificamente no ámbito deportivo. Pero hai outro hábito que se da frecuentemente na xuventude que practica algunha modalidade deportiva, o consumo de cannabis. E como pasou co alcohol e o tabaco, este hábito vai ter efecto na persona que realiza a actividade deportiva.
Para comezar hai que decir en que consiste a o cannabis ou a marihuana. Estes dous termos fan referencia a sustancias psicoactivas extraidas da planta Cannabis sativa, sendo o seu composto químico predominante o THC. Según as Nacións Unidas, o 4% da poboación adulta (162 millóns de personas) consume anualmente, e cerca do 0'6% (22,5 millóns) consume esta sustancia a diario. Non hai datos de cantas destas personas realizan deporte, pero supoño que non son poucas...
O THC é unha sustancia que se absorbe polo corpo rápidamente, moi liposoluble e cunha vida media de 5 días, que realmente permanece no corpo seis semanas ou máis debido a súa liposolubilidade (viaxa cos lípidos da sangre).
No aspecto deportivo, hai que ter en conta que vai dar positivo nos controis de dopaxe (ainda que esto non ten sentido, ver ¿Ilegalización de la marihuana en el deporte? ). Vai alterar a capacidade de reacción e a percepción do tempo e do espazo, cousas que na realización dunha actividade deportiva son bastante fundamentais. A coordinación, factor tamén básico en calquera deporte, vai estar moi disminuida. Ademáis, según un estudo, o consumo continuado desta droga pode provocar que o deportista vólvase preguizoso e apático. Esto axudaria a que baixe o rendemento deportivo dunha maneira moi importante ou simplemente se abandone a práctica, debido a esta falta de motivación. Tamén aumenta a frustración frente a retos que non se acadan ou a aparición de pensamentos irreais.
Igual que o tabaco, fumar marihuana provoca alteracións no texido pulmonar e alveolar, provocando o aumento de patoloxías respiratorias e, xunto cunha disminución da distribución do osíxeno, provocan unha falta de rendemento deportivo.
E a que se debe esta entrada? Pois moitos deportistas sufren un estrés moi importante xa que teñen que enfrontarse a competicións, obter uns tempos determinados, loitar por ser o mellor e compativilizar a realización da actividade deportiva cos estudos, o traballo ou outras actividades diarias. Para facer fronte a todo esto, o uso de cannabis pode ser unha das saídas que atopan, xa que da unha sensación de relaxación.
Un caso famoso? O nadador estadounidense e gañador de 22 medallas olímpicas, Michael Phelps: ver Marca.
No hay comentarios:
Publicar un comentario