domingo, 17 de noviembre de 2013

Verdadeiras e falsas crenzas sobre a comida

   Coma en moitos ámbitos da vida, con respecto á comida existen mitos e falsas crenzas sobre diversos aspectos, normalmente relacionados cas calorias. Xa tratamos un (ver: A importancia do almorzo), a continuación algúns exemplos:
-Como nadie é perfecto, a todos nalgún momento e algúns con máis frecuencia ca outros, tennos caido un alimento ao chán. Pois nalgúns casos a xente, baseándose na "regla dos cinco segundos" considera que o alimento que caeu, se se tarda menos dese tempo en recollelo e inxerilo, pódese consumir. Esta regla non ten ningunha base científica, e ainda máis, hai que recordar que algún patóxenos, como a salmonella, teñen a capacidade de sobrevivir en superficies secas ata catro semanas. Outra regla deste tipo é que se un alimento, despois de caer, se recolle de forma inmediata, non se considera que caeu e pódese aprobeitar. En ambos casos hai que decir que si que hai risco, e que este depende da superficie onde caeu (baldosas, alfombras...) e das bacterias que viven nela. Algunhas bacterias, poden sobrevivir en condicións moi dificiles e durante un longo periodo de tempo, ca capacidade de transferirse ao alimento co contacto inmediato.

-O pan engorda. Debido a esta afirmación, este alimento foi retirado de moitas mesas e de moitas casas, pero 100g de pan solo aportan 230 calorías. Pouco en comparación coas calorias necesarias ao longo do día. Ademáis, o pan aporta hidratos de carbono, vitaminas do grupo B, fósforo, potasio e magnesio. Incluso a OMS aconsella consumir entre 200 e 300 gramos o día.


-Nalgunhas dietas e tamén bastante xente ten un concepto inventado de "calorias negativas". Estas atoparianse en determinados alimentos e a súa función seria queimar graxas polo simple feito de consumir ese alimento, xa que teoricamente gastárianse calorias no proceso de dixestión deste alimento que serian maiores das que o propio alimento proporciona. Esto non ten base científica, xa que as graxas solo se perden combinando unha alimentación saudable con exercicio físico.
-Que os productos light non engordan tamén é outra falsa crenza, xa que si que engordan, pero menos. Incluso poden ter un efecto adverso e rematar engordando, xa que algúns destes productos non producen unha sensación de saciedade, asi que volveríase a consumir outro producto, e como xa dixemos antes, estes si que teñen un determinado valor calórico, asi que remataríase engordando.
-Con respecto á adolescencia, etapa na que en gran parte de xente aparecen granos e espinillas, sempre se dixo que comer chocolate provoca a aparición destes pequenos problemas cutáneos. A conclusión, según varios estudos científicos foi que comer chocolate, con moderación, non ten porque afectar á aparición do acné. Pero un consumo alto deste alimento si que pode aumentar a aparición de granos e similares, xa que unha dieta alta en graxas e azucares pode empeorar o acné.

No hay comentarios:

Publicar un comentario