miércoles, 13 de noviembre de 2013

O corte de dixestión... existe?

O "corte de dixestión" é unha cousa curiosa, xa que cada nai ou pai ten a súa propia opinión sobre se existe ou non, cousa que non ocorre con outros feitos. Pero dentro do personal investigador e científico non poden existir crenzas, se non feitos contrastados. É o caso do corte de dixestión? Pois tampouco encontramos ningunha denominación chamada "corte de dixestión" por parte da literatura médica, e algúns profesionais negan directamente a súa existencia. O que sí existe é un referente real que deu orixe ao concepto do corte de dixestión, o síncope por hidrocución. Consiste nun shock producido ao meter ao corpo, que ten unha determinada temperatura, no auga, sufrindo así un brusco cambio de temperatura. Isto ocorre sobre todo cando a temperatura do corpo (onde influe a calor do ambiente) e a temperatura da auga (canto máis fría, máis variación) son moi diferentes.

A explicación sería a seguinte: despois deste cambio de temperatura, o corpo responde reducindo o ritmo cardíaco (reflexo de inmersión) e concentrando máis sangue na pel para contrarrestar o choque térmico. Debido a que parte da sangre foi para a pel, o cerebro pode chegar a non recibir o suficiente aporte de riego sanguíneo producindo un desmaio ou perda de coñecemento. No proceso da dixestión tamén se require de sangue por parte do sistema dixestivo, disminuindo ainda máis a sangre dispoñible para que chegue o cerebro.
O principal problema é que o desvanecemento se produza dentro da auga, porque hai perigo de afogarse. E as persoas con problemas cardíacos, ao verse disminuido o fluxo sanguíneo polas razóns antes mostradas, poden chegar a sufrir unha parada. Tamén deben ter precaucións as personas que tomen medicación que afecten á tensión arterial e frecuencia cardíaca.

As personas máis vulnerables son os rapaces e os ancianos; e na nosa terra, que temos unha auga máis fría (seguro que para compensar o feito de ter unhas preciosas praias e paisaxes...) o risco é maior. Para previr que ocurra este síncope por hidrocución é recomendable evitar estar expostos ao sol nas horas de máis calor, non realiar exercicio físico nesas horas e mollar algunhas partes do corpo para evitar esta diferencia de temperaturas.
Os síntomas que aparecen antes de sufrir un síncope é dor de cabeza, fatiga e calambres, que poden estar acompañados de vómitos, taquicardias, alteración da tensión arterial ou lipotimias. No caso de que unha persoa sufra un síncope o máis importante, tras retiralo da auga, é tumbalo, cas pernas nunha posición máis elevada para que a sangue flua hacia á cabeza. Se non se recupera ou é unha persona con factores de risco (anciano, doenzas cardíacas...) hai que chamar aos servizos de emerxencias, xa que nalgúns casos pode ocasionar á morte.

A conclusión sería que o importante non é tanto a comida como a temperatura (corporal e da auga), aínda que a comida influe (polo aporte sanguíneo ao aparello dixestivo), sendo máis importante nunha comida máis abundante que nunha lixeira, por exemplo. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario