Estamos a mediados de Novembro, o Corte Inglés leva seguramente dende finais de Setembro con ofertas de turrón e uvas (esaxerando), e dentro de pouco vai haber as típicas luces nas rúas e avenidas das vilas e cidades. E como todos sabemos, unha das cousas máis típicas desas datas son as comidas, e por moitos motivos. Cenas e comidas de empresa, compañeiros, amigos e as familiares de noiteboa, navidade, fin de ano e reis.
En que consisten fundamentalmente estas comidas? Pois o normal é que sexan abuntantes, con marisco, peixe e carne, ademáis dos postres. Hai moitisimos postres, e hai xente que tolea por eles. Eu personalmente prefiro os postres de entroido coma as orellas e as filloas, pero no nadal hai turrón (cas modalidades que desexes, dende turrón duro ou blando a turrón con sabor de laranxa ou cas galletas Oreo), polvoróns, mazapáns, dátiles, torrixas, roscón de reis...
Ante este panorama, semella que hai que concienciarse e engordar, e aguantar ata xaneiro para anótarte a un ximnasio como próposito de ano novo. A media de aumento de peso é duns 2'5kg según un estudo, pero outros máis serios indican que o aumento de peso é menor. En todo caso, os kilos medran, e non desaparece milagrósamente, co cal hai unha serie de pautas que seguir:
Se eres o cociñeiro ou a cociñeira, podes modificar lixeiramente o menú con respecto a outros anos. Para comezar, podes poñer uns aperitivos saudables antes de comer (un trozo de pizza integral con tomate natural e verduras salteadas, zumos de hortalizas ou froitos secos). O primeiro prato deberia ser vexetal, como unha ensalada de pasta ou legumes, ou unhas verduras de tempada á prancha. Con imaxinación podese convertir estes pratos en algo especial para que a familia ou os amigos desfruten e a vez evitar que o comezo da comida den síntomas de fartura.
Como comensal, intenta escoller porcións máis pequenas, ainda que esto non sempre é posible. Sobre todo se estás ca familia, vanche poñer as porcións máis grandes e de todos os alimentos, pero dende aquí queda dito que non hai porque probar de todo e, como dixen antes, porcións dun tamaño xusto. Tamén é un consello sabio decir que se estás cheo ou saciado non debes seguir comendo, ainda que sexas un fan incondicional dese prato.
Como último consello, para maiores e para a xuventude, intenta evitar o sedentarismo nestas datas. É importante evitalo durante todo o ano, pero nestas datas ao aumentar o aporte calórico non se pode deixar de realizar actividades físicas.
Un saudo e felices festas (con moito adianto, pero hai que acabar as entradas do blog agora!!)
Fonte: Consumer
No hay comentarios:
Publicar un comentario