miércoles, 6 de noviembre de 2013

A verdadeira cara do... Actimel


Na tele todos temos visto anuncios de Actimel, con tres debuxos chamados L,  Casei e Inmunitas. Nestes anuncios prometen unha axuda ás defensas do organismo gracias a unha cepa patentada dunha bacteria, que chamaron L. Casei Imunitass. Para quen nunca tomara Actimel, decir que é un producto da empresa Danone, e que consisten nun iogurt líquído distribuido en botes de 100ml e que pode ter distintos sabores. Este producto de Danone tivo moito éxito pero... ten realmente propiedades beneficiosas? Porque todos sabemos que as empresas con tal de vender din o que sexa. É este un caso?

O actimel, considerado rei dos alimentos funcionais, tivo algunhas chamadas de atención por parte de organismos internacionais (FACUA incluida) por emplear publicidade enganosa, debido a mensaxes como "Actimel activa tus defensas" ou "Actimel ayuda a mantener las defensas de tus hijos, hecho científicamente probado", sendo obligado a retirar o último mensaxe, xa que os estudios aportados non tiñan base. No 2010, a Axencia Europea de Seguridade Alimentaria (EFSA), rexeitou máis de 20 traballos aportados pola empresa fabricante de Actimel que mostraban os supostos beneficios deste producto. Estes traballos, algúns con erros de procedemento graves, baseabánse maioritariamente na reducción de toxinas producida pola bacteria Clostridium difficile que obtiñan as persoas que tomaban Actimel. Esta bacteria é responsable de enfermidades gastrointestinais (coma a diarrea), pero os estudos solo incluian as persoas afectadas debido ao uso de determinados antibioticos. 
A reacción de Danone ao rexeite dos seus estudos foi...bastante curiosa: minimizou a credibilidade da EFSA, creou xunto a outras compañias un lobby alimentario (Global Alliance for Probiotics) para defender os seus intereses, aportar novos estudos (denegados outra vez pola EFSA), e comenzar unha campaña de marketing emocional. Esta opción sería moi adecuada para os obxetivos da empresa (vender, vender e vender) xa que non usa referencias cientificas, simplemente fala das relacións familiares. (non choredes da emoción, ver: Anuncio Actimel "Queridos Padres" )

Hai máis truco? Si señores! No envoltorio do Actimel pon unha mensaxe "Ayuda al normal funcionamiento del sistema inmunitario", pero nun lateral, supoño que en letra pequeniña, pon que realmente a que axuda a este "normal funcionamiento" é a vítamina B6. Primer truco? Que o responsable de "axudar as defensas" non son as famosas L. Casei Inmunitass, se non a vitamina B6. Segundo truco? Que si que se permite decir que a vitamina B6 contribue ao normal funcionamento do sistema inmunitario porque é verdade, vale, pero... son necesarios aportes externos de B6, que neste caso nos proporcionaria o Actimel? Esto respóndese cunha imaxe, que queda máis simple e bonito.



E hai un alimento milagroso que ten tres veces máis cantidade de B6 que o Actimel e costa tres veces menos. Este alimento en cuestión é unha fruta, de cor amarelo... o platano! Se eu fora publicista meteria esta fruta en caixas que estiveran repletas de mensaxes indicando os aportes vitamínicos desta froita...como fan os de Actimel, pero de verdade!


Poño por eiqui unha serie de enlaces para quen queira complementar a información do caso do Actimel. Primeiro, as opinións da propia empresa Danone sobre os "bulos" (ver: Actimel).
E segundo, queredes aprender algo máis de Actimel? (ver: Aprendiendo ciencia con Actimel)


Fonte: scientiablog.com (I)scientiablog.com (II)

No hay comentarios:

Publicar un comentario