miércoles, 13 de noviembre de 2013

A importancia do almorzo

Como xa ben sabedes, o almorzo é a principal e primeira comida do día, xa que gracias a él obtemos a enerxía necesaría para aguantar a xornada. A pesar de que gran parte da xente coñece que o almorzo é a comida máis importante do día, en Europa e Estados Unidos entre o 10 e o 30% da poboación salta esta comida, sendo os adolescentes o grupo máis propenso a non almozar. O obxetivo da xente que non proba bocado pola mañan é perder peso, pero teoricamente se non comes o que che corresponde á hora de levantarte da cama, vas ter fame ata a hora de comer e vas compensalo mediante alimentos hipercalóricos que podes comprar na maquina ou cafetería do instituto, universidade ou oficina, gañando así calorias que non obtendrías se almorzaras. Ainda así, os estudos existentes non teñen unha resposta única sobre a relación gañar peso - non almorzar. Para os que queran máis datos, deixo un link da BBC (ver: ¿Realmente no desayunar engorda?), onde tedes unha explicación dos estudos que se realizaron ultimamente sobre este tema e os seus resultados.

Pero haberá xente que lle interese outros aspectos da saude, como saber que non almorzar aumenta o risco dun ataque cardíaco, concretamente un 27%. Isto sería debido a que saltarse esta comida pode aumentar factores de risco relacionados directamente con esta cardiopatía, e provocar tamén hipertensión. Se isto non chega, pois tamén se estudou que alimentarse de mañá reduce a probabilidade de padecer Diabetes tipo 2, xa que o almorzo axuda a manter uns bos niveles de azucar no organismo. E tamén decir que a aparición de gastritis vese influida polo feito de non almorzar, xa que ao non recibir alimento o estómago comeza a liberar ácidos.

Por último decir que o almorzo non ten máis obxetivo, como xa dixen o principio, de darnos a enerxía necesaria para o día, asique saltarse esta comida fará que non atopemos máis cansos e decaidos.

Fontes: consumermilenioelcomercio,

No hay comentarios:

Publicar un comentario