martes, 12 de noviembre de 2013

Dieta vexetariana

Hoxe en día a dieta vexetariana é moi coñecida nesta parte do mundo e básicamente está enfocada á alimentación con verduras e froitas. Dentro do concepto de dieta vexetariana podemos incluir tres tipos de dieta, a vexetariana estricta, que exclue todas as carnes e todos os productos animais; a lacto-vexetariana, que ademáis de incorporar os vexetais, permite consumir productos lácteos; e a lacto- ovo vexetariana, que xunto co permitido na anterior, inclue ovos.
En teoría, estas dietas permiten obter todos os nutrintes precisos, sempre que se coma unha gran variedade de alimentos. O máis importante é incluir proteínas, ferro, calcio, zinc e vitamina B12.

 
As anteriores dietas teñen vantaxes e desvantaxes, pero para analizalas seleccionamos á dieta vexetariana estricta. Un dos beneficios desta dieta son os baixos aportes de grasas saturadas e a eliminación do colesterol, que tanto abundan nos productos animais. Outra característica a favor desta dieta é a gran cantidade de fibra, que pode verse aumentada se consumimos cereais integrais. Podemos incluir o poder cardioprotector e que axuda á prevención da obesidade, pero sempre que se teña unha dieta equilibrada. Diversos estudios falan de que a dieta vexetariana poderia axudar a ter unha presión sanguínea máis baixa, controlar a diabetes e previr o cancro.
Dentro das desvantaxes está o risco de sufrir carencias de micronutrintes, xa sexa porque algúns nutrintes están exclusivamente nos alimentos procedentes de animais ou porque o alto consumo de fibra pode impedir unha correcta absorción de minerais. A vitamina B12 (moi importante para o metabolismo, a formación de eritrocitos e o mantemento do sistema nervioso, entre outros), procede únicamente de productos cárnicos, e a súa falta pode provocar anemia. Para suplila pódese incorporar suplementos ou algas. Outra carencia importante é a de ferro, xa que o ferro vexetal non se absorbe facilmente. Tamén poden existir falta de ácido graxo omega 3 (que se pode obter da oliva ou de froitos secos nesta dieta), ou falta de proteinas, xa que as proteinas vexetais son máis pobres en nutrintes.
A dieta vexetariana, coma todas as dietas, deben ser equilibradas, pois pódese abusar de pasta ou patacas fritidas xunto con refrescos de alto valor calórico, acabando por ter un problema de obesidade seguindo esta dieta.
 
 
 
 
 
 



No hay comentarios:

Publicar un comentario