domingo, 17 de noviembre de 2013

Dieta atlántica

Despois de ler a entrada que fixo Sara (ver Diez mandamientos de la dieta mediterránea) acordeime que un profesor da facultade o ano pasado fixera un comentario dando a entender que a "Dieta atlántica" non existia, que era todo un invento co fin de que algúns sacaran algún tipo de beneficio propio. Eu quedeime pensando se teria razón, pero como algunha parte da súa asignatura (Metodoloxía) consistia en exercer o pensamento crítico, que mellor que esta entrada para dedicarllo.
Para comezar, a USC ten unha fundación dedicada á dieta atlántica (USC Dieta atlántica), que ten como obxetivo informar e promover o estilo de alimentación proposto da piramide da Dieta Atlántica nos comedores da USC. Os alimentos que destacan son "alimentos atlánticos frescos e de tempada, tanto da horta (verduras, hortalizas, froitas, cereais, patacas, legumes, castañas e noces), como do mar e dos ríos (peixe, mariscos, algas) e da terra (porco, vacún, caza e aves), de leite e productos lácteos e de produtos propios da gastronomía atlántica en xeral e da galega en particular", sendo cociñados dunhas determinadas maneiras, que están baseadas fundamentalmente na cocción, no guisado e na grella. 
Ademáis da páxina da USC, na que se indica que hai un comite científico formado por profesores e algúns catedráticos; noutras páxinas de internet dise que moitos nutricionistas, cociñeiros e demáis profesionais levan bastante tempo falando dos beneficios da dieta atlántica, existindo incluso un "Congreso internacional de la dieta atlántica". A dieta atlántica comparte ca mediterránea unha serie de recomendacións, consellos e hábitos alimenticios diarios, e comparte con calquera dieta saudable as pautas de realizar exercicio físico, comer con variedade e moderación, beber auga, descansar...
Onde se atoparía a diferencia entre estas dúas dietas? Pois en que algúns alimentos priman máis que outros. 
A característica principal é que se consume máis cantidade de proteinas, debido ao importante consumo de carnes vermellas, ovos, legumes e productos lácteos. E, como da a entender o seu nome, o consumo de peixe e marisco tamén é máis elevado, xa que o entorno mariño favorece a isto. As recomendacións, para seguir esta dieta son:
Xeográficamente, a dieta atlántica abarcaría os países bañados polo océano Atlántico, o denominado Arco Atlántico (Portugal, España, Francia, Bélgica, Luxemburgo, Holanda, Dinamarca, Noruega, Reino Unido, Islandia).

Despois de explicar superficialmente en que consistiria a dieta atlántica hai que falar de se realmente é algo diferenciado. A día de hoxe, debido á globalización, xa non hai tanta dependencia da estación do ano na que esteamos ou do feito de estar moi lonxe da orixe do alimento que queremos comer. Polo que, xunto co estilo de vida, hai unha dieta occidental orixinaria de EEUU e Inglaterra, que é "copiada" por gran parte do mundo. Nesta dieta abundan tanto os alimentos fritos e conxelados, pizzas, carnes, bocadillos, doces, bolleria industrial, bebidas azucaradas... e escasez de froita, peixe ou verdura.
En conclusión, a dieta atlántica existe, pero foi importante fai bastantes decadas, antes de que cambiaran os hábitos de consumo actuais.





No hay comentarios:

Publicar un comentario