sábado, 2 de noviembre de 2013

Relación entre dieta e medio ambiente (II)

Na anterior entrada falamos de como o medio ambiente afecta os alimentos que consumimos. Nesta entrada vai ser o revés, vamos mostrar o efecto da nosa dieta no medio ambiente. Según un informe da "Sustainable Development Commission", a mellor acción que poderiamos facer para mellorar a nosa saude e reducir o impacto que ocasionamos ao medio ambiente seria eliminar os residuos alimentarios. É decir, reducir o consumo de alimentos con alto aporte de graxas e azúcares, á vez que tamén disminuimos o consumo de carne e productos lácteos.
Como cambiarian as cousas se modificaramos os nosos hábitos alimentarios? Pois a resposta é, canda menos, interesante. As conclusións deste informe indican que un cambio destes hábitos provocaria unha mellora da saude e, a sua vez, un gran beneficio para o medio ambiente.
Para comprender como un cambio de hábitos pode ocasionar estas respostas tan beneficiosas, hai que ver como afecta a nosa actual dieta ao medio e a saude. O 18% da emisión de gases de efecto invernadoiro (no Reino Unido), están relacionadas ca producción e consumo de alimentos, máis ca o sector de transportes, por exemplo. Ademáis do quecemento do planeta, contribúese á degradación de terras, contaminación atmosférica e da auga e a perda de biodiversidade.


Mentres comes un bó plato de filete de tenreira, ten en conta que houbo que producir piensos, deforestar para conseguir pastos, asi como á producción animal, o transporte e a preparación para que este apto para o consumo. 

Bo proveito! 



Fonte: NatudeliaAnimanaturalis


No hay comentarios:

Publicar un comentario