sábado, 9 de noviembre de 2013

As posturas (II)

Continuando ca entrada anterior que falaba das posturas máis recomendadas para durmir, ver As posturas (I), agora vamos falar doutras actividades da vida cotiá.

  • No colexio, instituto, universidade, traballo ou onde queira que estedes, sempre que sexa unha actividade de estar sentado, o máis recomendable é que a espalda e o cuello formen unha liña tan recta coma sexa posible, e que exista un ángulo de 90º entre caderas e rodillas. O respaldo da silla na que esteamos debe respetar as curvaturas da columna e estar na xusta medida da nosa espalda, non ser nin máis baixo nin máis alto. Os cóvados e a mesa deben estar a mesma altura, cos hombros relaxados. Os pés poderanse mover libremente debaixo da mesa. Se traballamos cun ordenador, o centro da pantalla debe de estar á altura da liña dos ollos e nunha posición frontal. Hai que decir que a postura debe de ser cambiada en determinados intervalos de tempo, estando recomendado levantarse e estirarse de vez en cando,sobre todo se estás traballando no ordenador para aproveitar e descansar a vista. 

  • Tamén hai posición no caso de que teñamos que coller o coche e sexamos nos os que conducimos. Esta posición é a que che ensinan cando estas na autoescola, pero imos refrescar a memoria. Hai que sentarse dereitos, axustando o asento para chegar os pedais e permanecer apoiados no respaldo, dos brazos algo doblados e a cadeira formando un ángulo de 90º. A cabeza debe ir apoiada no reposacabezas e non debemos forzar o cuello nas maniobras necesarias para conducir e aparcar. No caso de que pasemos moito tempo no coche, en percorridos longos, aconsellase parar cada duas horas, a descansar dez minutos polo menos.
  • Durante a nosa xornada normalmente temos que estar de pé durante bastante tempo, pero esto non é o axeitado, asique debemos cambiar de postura con frecuencia sempre que podamos. Un truco é apoiar un pé nalgún obxecto ou escalón para descansar lixeiramente a cadeira. No momento de facer tarefas domésticas, como fregar ou planchar, hai que manter a espalda recta e apoiar un dos pes nalgún lado para descansar a cadera, como dixemos antes. O pasar a vasoira (escoba) ou fregona, estas deben medir o xusto para non ter que inclinarnos,  manter a nosa espalda erguida e mover estes aparellos o máis cerca dos nosos pés.
  • Á hora de camiñar, debemos facelo nunha postura correcta. O tronco debe estar erguido para equilibrar o peso do noso corpo. A cadera e o hombro deben estar aliñadas, e para asegurarse disto podes mirarte nun espello e observar a tua posición. Debes manter a vista ao frente (sempre adiante!), xa que se miras ao chan o teu cuello sufrirá presión e, obviamente, podes chocar con personas ou obxetos. Esta última recomendación vai tamén por se andas co Whatsapp pola rúa. Os hombros deben estar relaxados, e cos brazos realizaremos un lixeiro balanceo para reducir o esforzo e facilitar a aspiración de osíxeno. Para a pisada debemos escoller o calzado adecuado (ver: Tipos de zapatillas para hacer deporte). O correcto na pisada é apoiar talón-pé-punta, flexionar lixeiramente a rodilla ao apoiar o talón, non dar pasos moi longos e comezar cunha velocidade moderada. Para rematar, débese respirar de maneira consciente e uniforme, inspirando pola nariz, espirando pola boca.


No hay comentarios:

Publicar un comentario