lunes, 11 de noviembre de 2013

Volver practicar deporte despois dunha lesión

Sempre é dificil volver a practicar un deporte despois dun parón, como pode ser a época de examenes, un período duro de traballo, problemas familiares ou mesmo as vacacións. Pero ainda é máis complicado comezar a facer esa actividade se partimos dunha lesión. E outro obxetivo, ademáis de volver comezar a entrenar sería retornar ao nivel que se tiña antes da lesión. Antes de nada hai que ser moi consciente de que nesas situacións non se pode levar exhaustivamente unha rutina de entrenamento, xa que nunha xornada podes rematar demasiado cansado, facendo que cambies a planificación da xornada seguinte. Outra cousa importante é que cada lesión, como cada persoa, é un mundo, tendo en conta que se debe facer caso á opinión do médico e do fisioterapeuta. Non podes intentar recuperar o tempo que pasaches afectado pola lesión, xa que esta sería unha actitude perxudicial. Para o período de readaptación clasificamos segundo os días que se estea sen realizar a actividade física debido á lesión (ou polo que sexa):
Si o tempo da parada da actividade é curta, como de 3 a 5 días o ideal para comezar son realizar xornadas curtas e a un nivel lixeiro, e en poucos días deberias volver ter as mismas sensacións anteriores á lesión.
 
No caso de que se superen os 10 días, a readaptación vai ser dunha semana, xa que os músculos perderon forma. Despois desta semana podese acadar un bó nivel.
Se faltaches máis de 20 días á rutina deportiva, o indicado e comezar moi pouco a pouco, con exercicios aeróbicos longos pero con pouca intensidade, sempre respetando os tempos que che pide o corpo.
Como exemplo, un tipo de lesión e a súa volta o deporte:
-As lesións de rodilla son moi comúns debido á natureza e función desta articulación. O complicado nesta lesión, como noutras, é o medo, inseguridade, o tempo de recuperación ou a mesma lesión. Os problemas máis habituais son o dolor, a inflamación, as limitacións adquiridas polo feito de perder o estado de forma, e o medo ou inseguridade antes nomeados e que están orixinados debido a unha posible recaida ou porque a lesión foi practicando o mesmo deporte.

 
A primeira opción é continuar ca actividade, xa que unha lesión non ten porque acabar ca práctica do deporte en cuestión. Esto sería no caso dunha excelente recuperación, pero no caso de que fora unha recuperación irregular e exista risco de volver lesionarse hai que valorar o cambio de actividade, ou cambiar a intensidade ou entrenamento desta. Sempre como último recurso temos abandonar este deporte. Recordade, último recurso.
O mellor é non obsesionarse cos entrenamentos, para non acabar cunha sensanción de ansiedade cada vez que non academos os obxetivos "perfectos" ou que apareza algo que nos impida entrenar.
 
Saudos!

Fontes: DeporteysaludfisicaVitonica

No hay comentarios:

Publicar un comentario