Fundamental. O quecemento antes de facer calquera actividade deportiva é fundamental para evitar posibles lesións, torceduras ou esguinces no exercicio desta actividade. Consiste nun conxunto de exercicios de todos os músculos e articulacións, pasando dunha intensidade baixa a unha intensidade alta, conseguindo así aumentar a temperatura corporal e poñer o corpo nun estado óptimo para realizar a actividade. A serie de beneficios que ten o quecemento deportivo son diversas, como mellorar as posibilidades órganicas de tipo fisiolóxico e físico, mellorar a motricidade corporal, a actividade cardíaca e a respiración; ademáis da antes nomeada de prevención de lesións.
Podemos distinguir dúas etapas no quecemento, o quecemento xeral e o quecemento específico.
- No quecemento xeral comezamos ca movilidade articular, onde quentariamos os distintos segmentos corporais, seguindo unha orde (por exemplo, comezar polos tobillos, continuar cas rodillas...). Posteriormente, haberia que facer estiramentos globais, sen facer rebotes nin movementos bruscos. Farianse estiramentos de 10 a 15 segundos sen chegar a ter dor. Despois viria a parte máis importante do quecemento, a parte aeróbica suave, para poñer o organismo en marcha. Para finalizar esta parte fariamos exercicios de activación da zona central, traballando a musculatura absominal e lumbar.
- Na parte do quecemento específico, faremos movementos e exercicios preparatorios para o deporte, ou actividade que vaiamos realizar.
Para fixarse, recordo que hai erros no quecemento que ocurren moi habitualmente, e destaco cinco. O primeiro seria saltarse o quecemento (as razóns de porque esto está mal feito está explicado arriba...). O segundo sería realizar os exercicios do quecemento dunha maneira equivocada, conseguindo así provocar afeccións músculo-esqueléticas en vez de previlas. A continuación, o terceiro erro sería facer moitos exercicios en moito tempo, conseguindo sobrecargar e cansar o corpo antes de realizar a actividade. Os erros que quedan son poñer tensión nos hombros, conseguindo que esta articulación perda estabilidade; e despreciar os grupos musculares opostos, ou darlle máis importancia a uns músculos ou partes do corpo en detrimento doutras. Por exemplo, facer máis exercicios no quecemento cos pés ca facelos cas mans.
Fonte: Trainerscat, Minuevadieta
Me a servido de ayuda prodias poner el calentamiento específico de las articulaciones?
ResponderEliminar