Continuando co tema das fracturas, vou falar do caso particular das fracturas nos nenos e do tratamento das fracturas en xeral.
-Características das fracturas nos ósos dos nenos.
Os ósos dos nenos teñen algunhas diferencias cos ósos dos adultos, principalmente porque os ósos dos nenos están en crecemento e son máis elásticos. Estas características fan que as fracturas sexan diferentes das que pode sufrir unha persona co esqueleto xa formado. A principal diferencia con respecto ás fracturas da xente máis maior é que as fracturas dos ósos dos nenos pódense romper como un "talo verde", é decir, de forma incompleta. Este tipo de fractura en "talo verde" dase con máis frecuencia na tibia, o peroné ou o radio. Cando este tipo de fracturas afecta a unha placa de crecemento pódese dar lugar a un trastorno do crecemento dese óso, e chamaríanse fracturas do cartílago de crecemento. Hai que ter esto moi en conta porque pode ocurrir ainda que cando a fractura se trate adecuadamente. Tamén temos as fracturas metafisarias, onde a fracturas cruzan a porción superior ou inferior do óso sen que o cartílago de crecemento se vexa afectado.
Todos sabemos que os rapaces andan xogando todo o día e parte da noite, co cal é bastante probable que caian sobre a man ou o brazo. Esta caída pode dar lugar a outras lesións frecuentes nesa idade, como as fracturas do antebrazo (radio ou cúbito) e do cóbado.
Hai que engadir que pódense sufrir fracturas no momento do parto, xa sexa por un parto dificultoso, o que daría lugar a unha posible lesión do húmero; ou por un parto dificultoso xunto cun elevado peso do neonato, o que daria lugar a unha lesión da clavícula. Estas dúas lesións, a do húmero e a da clavícula, tamén se poden dar en rapaces máis grandes que sufriron un golpe forte.
-Tratamento das fracturas
Podemos escoller entre tres opcións para levar a cabo o tratamento dunha fractura no óso
- O primeiro sería mediante a inmovilización con férula
- No caso de que teñamos unha fractura máis complexa poderiamos recurrir a reducción aberta e fixación interna, que requeriría de pasar polo quirófano. Usaríanse placas ou tornillos para reparar o óso, e estes manterianse fixos despois da ciruxía.
- Por último teríamos unha opción a que recurrir no caso de que as anteriores non se puideran usar: a reducción aberta e fixación externa, que tamén se faría mediante operación cirúrxica. A fixación externa consistiría nun "marco" externo que sostén o óso e o manten na posición axeitada ata que se consolida.
Fonte: Mapfre, Medline
No hay comentarios:
Publicar un comentario