Como xa vimos en entradas anteriores (ver o exemplo da Diabetes ou a Gota ), unha enfermidade condiciona moito a túa dieta. Temos outro exemplo moi claro na celiaquía, que é unha enfermidade que consiste na intolerancia permanente ao gluten do trigo, cebada, centeno, avena e derivados destes. O gluten nas persoas afectadas provocaria unha reacción inflamatoria na mucosa intestinal dificultando a absorción de nutrientes. Os posuidores desta enfermidade teñen que cambiar toda a súa dieta para eliminar o consumo de gluten, sendo este o único tratamento para a enfermidade.
O gluten non é un alimento en si mesmo, se non que é unha proteina encargada de aportar as propiedades de panificación aos cereais antes nomeados. Seguindo estrictamente a pauta de eliminar o gluten da dieta, experiméntase unha melloria en poucos días, e os síntomas desaparecen nunhas poucas semanas, recuperándose o texido intestinal afectado e volvendo a producirse unha correcta absorción dos nutrientes alimentarios.
Un celíaco, como toda persoa sana, debe seguir unha dieta variada e equilibrada, xunto ca realización de exercicio regularmente. Na actualidade, os celíacos teñen a súa disposición no mercado alimentos especiais que non levan gluten, e que poden ser usados como sustitución na dieta aos alimentos que si que poseen gluten. Para levar a cabo a dieta libre de gluten clasifícanse os alimentos en tres grupos: alimentos que non conteñen gluten, alimentos que conteñen gluten e alimentos que poden conter gluten.
- Dentro dos que non conteñen gluten incluimos, entre outros, os alimentos que pola súa natureza non conteñen gluten (peixes, carnes, froitas, verduras, hortalizas, ovos, leite, tubérculos, legumes, cereais sen gluten coma o arroz e o millo).
- Os alimentos que conteñen gluten soen levar entre seus ingredientes trigo, centeno, cebada, avena e derivados de estos. O celíaco ten que rexeitar todos estes productos
- Hai diversos ingredientes que poden conter ou non conter gluten, como a fariña, os cereais, condimentos, almidóns... dependendo de cal sexa a súa orixe. Entre os alimentos que poden conter gluten temos productos de charcutería, embutidos, diversos tipos de conservas, xeados, caramelos, gominolas, froitos secos..
Para poder realizar a clasificación hai que fixarse na etiqueta dos productos e ver se forman parte da "Lista de alimentos aptos pra celíacos", a marca de garantía de FACE ou que dispoñan do sello de indicación "Sen gluten" tamen chamado "espiga barrada"
Nalgúns casos pódense detectar déficits nutricionais por persoas que realizan este tipo de dieta. Nesta situación deberían seguir os consellos dun dietista, que indicaria se se necesitan administrar algúns nutrientes. Os celíacos tamén poderian ter un problema con respecto o tratamento, xa que algúns medicamentos poden usar o gluten como excipiente (sustancia inactiva usada para incorporar o principio activo ao organismo e que este se poida absorber correctamente polo organismo). Neste caso, debería estar indicado igualmente que o medicamento pode conter gluten. O médico tería que modificar a medicación por unha que estea libre de gluten.
Hai que ter en conta toda todos estas características do día a día dos celíacos, xa que a porcentaxe da enfermidade celíaca en toda a poboación é do 1%. É indiferente en idade, pero superior en persoas predispostas xenéticamente ou con certos factores de risco.
Fonte: FACE
No hay comentarios:
Publicar un comentario