Despois de que nas entradas anteriores se fixera un repaso
das principais lesións sufridas ao practicar deporte e das suas características,
hoxe vou poñer exemplos relacionados cas lesións sufridas por algúns deportistas de élite.
Temos dous famosísimos deportistas españois que
sufriron doenzas similares. Está lesión,
a tendinitis rotuliana, é unha das máis extendidas entre os deportistas. Se
queredes repasar sobre esta patoloxía clickade nestas entradas antigas Tendinitis 1 e Tendinitis 2 .
- Un famoso tenista sufriu unha lesión crónica no tendón rotuliano da rodilla esquerda, Esta lesión fixo que este tenista, que é Rafael Nadal , non se presentara a algunhas eventos moi importantes (coma o Grand Slam ou os xogos olímpicos de Londres'012).
- O caso de Pau Gasol, consistía nunha "tendinitis dexenerativa" nas dúas rodillas. Foi operado exitosamente das dúas rodillas no 2013, someténdose a unha cirurxía que consiste en insertar dentro da rodilla unha especie de dispositivo que, mediante ultrasonidos, eliminaba os elementos residuais xerados nos texidos. Este procedemento deixouno tres meses de baixa.
- Hai que nomear tamén o caso de Ronaldo, lesionado gravemente da rodilla dereita. Foi nun partido Inter-Lecce na tempada 1999-00, e rompeu parcialmente o tendón rotuliano. En canto volveu xogar, recaeu na lesión, pero desta vez rompendo o tendón totalmente. Posteriormente recuperouse, acadando grandes logros, tanto persoais como para os equipos nos que xogou. No 2005 comeza a recaer en diversas lesións, e tres anos despois, sufriu unha rotura do tendón rotuliano da rodilla esquerda (a considerada como a súa rodilla boa). Retirase no 2011, declarando que, ademáis dos problemas físicos que tiña, sufre de hipotiroidismo.
- Nun partido da Copa do Rei ocorreu o caso do xogador do gran Real Club Celta de Vigo, Hugo Mallo, que rompeu o ligamento cruzado anterior e o menisco externo da rodilla esquerda.
Esta lesión o tivo apartado dos terreos de xogo
uns seis meses. É o ligamento da rodilla que sufre máis lesións, e a sua
función é ser o "tope" ou "freno" principal o desprazamento anterior á tibia, limitar a
rotación tibial e a angulación externa e interna da rodilla cando está
estirada.
No caso da lesión do menisco, prodúcese
debido a que o cóndilo femoral xirou con
moita velocidade, exercendo unha compresión moi forte sobre a cara (externa ou
interna) superior plana da tibia, traccionando
o menisco entre superficies articulares.
(O meu amigo Jorge sufriu unha lesión similar
á de Hugo Mallo, e pasou moita dor..asi que un saudo pra el!!)
Fontes: teknon , El Economista, diarios deportivos...
No hay comentarios:
Publicar un comentario