Hoxe en día no movil podes ter aplicacións para calquera cousa, dende subir fotos con filtros o teu Instagram, recoñocer cancións que sonan na radio co Shazam ou recoñecer as estrelas co Sky Map de Google. Pero para deportistas tamén temos diversas aplicacións que nos permiten rexistrar os datos obtidos no entrenamento, ver onde debemos mellorar, canto tempo duramos, calorías queimadas... e claro, o que máis lle gusta á xente, compartilo cos amigos.
1. A primeira aplicación da que vou falar chámase Endomondo. É unha aplicación con GPS, que o usa para seguir o teu percorrido en tempo real, medindo a distancia, velocidade e altitude, e permite competir cos amigos e compartir rutas e opinións. Esta aplicación é ideal para o ciclismo, correr ou senderismo e caminatas. Aquí abaixo, miña proba da aplicación, que consultei no ordenador...
2. Tamén podes controlar o teu entrenamento con Runtastic, que mide todos os datos, para levar ti un control exacto sobre o teu exercicio. Podes comparar con actividades pasadas ou cos teus amigos, e como a aplicación anterior, mide a distancia, calorias queimadas, velocidade, altitude e rutas mediante GPS.
3. E a terceira aplicación tamén é para xente dedicada a correr (hai onde elexir). Esta chámase Nike+ GPS, que ademais de marcar a tua carrera no mapa e controlar os teus progresos, motivate para que continues intentando superarte. Esta aplicación mide parámetros similares as anteriores, existindo unha comunidade Nike+ Running onde podes compartir teus datos.
4. Non che gusta andar en terra? Pois se eres un afecionado o kitesurf, windsurf, surf ou parapente, esta aplicación, chamada Windfinder Pro, permite saber o vento, ondas e tempo en moitisimos lugares do mundo, en calquera momento e, o que máis conta, con prediccións moi fiables.
5. Se eres máis de facer deporte na casa, podes usar Yoga Estira. Esta aplicación ofréceche posturas para mellorar a forza, equilibrio, posturas ou acadar o tan desexado estado de relaxación e concentración buscado o practicar este deporte.
6. No caso de que fagas deporte, pero que non sexa os antes nomeados, podes descargar a aplicación Sports Tracker, onde escolles o deporte que vaias a practicar, como a patinaxe ou o remo. Despois, esta aplicación mostraranos tablas e gráficos incluindo pulsacións...e coma todas, podes compartir cos amigos, familia, coñecidos, compañeiros de traballo...que todos se enteren que fas deporte!!
Aquí deixo un exemplo desta aplicación que atopei pola rede...
Fonte: Telecinco, ABC,
No hay comentarios:
Publicar un comentario