viernes, 25 de octubre de 2013

Fatiga

Co termo fatiga denominamos á falta de enerxía e de motivación. O normal é que suframos fatiga despois de realizar exercicio físico, pero tamén podemos sufrila debido ao estrés emocional, o aburrimento, a falta de sono... ou estar manifestada debido a trastornos físicos ou mentais. Para diferenciar entre os posibles casos hai que evaluar se é un problema eventual ou permanente, e esto pódese conseguir despois de durmir e nutrirse ben e estar nun ambiente relaxado e libre de estrés. Se a fatiga continua habería que consultar cun médico, pois poderiamos estar diante dun problema grave, aínda que esto non é o normal. No caso de recorrer ao médico, explicar cando e como se produce a fatiga pode axudar moito ao seu diagnóstico (se estamos fatigados ao despertar ou se ven de súpeto pola tarde). Por exemplo se vostede se desperta cun baixo nivel de enerxía e a fatiga continua todo o día pode estar sufrindo unha depresión.
A fatiga pode ir acompañada de somnolencia, que é a actitude esaxerada para o sono cunha grande necesidade de durmir; e a apatía, que é a falta de emoción, motivación ou entusiasmo.
Centrandonos na relación da fatiga ca actividade deportiva, hai que especificar. A fatiga mental pode afectar ao deportista no relacionado con non cumplir os seus obxetivos (ter planeado facer deporte un número de días á semana, que non se cumple), pero temos un tipo de fatiga, que é a fatiga muscular, que é a que máis afecta ao deportista.
 

Este proceso de fatiga muscular, está relacionado co agotamento das reservas enerxéticas e co retraso na eficacia nerviosa e motora. Estes procesos estarían relacionados ca disminución do glucóxeno muscular, a acumulación de ácido láctico no músculo e a perdida de osíxeno (disminución do aporte sanguíneo) e de fosfatos.
En conclusión, ambas fatigas, a muscular e a mental, son uns grandes condicionantes do rendemento do deportista.

 



Fonte: MedLine, BuenaForma, Efdeportes

No hay comentarios:

Publicar un comentario