As dislocacións son lesións que consisten no desplazamento
da posición normal do óso. A causa
deste desplazamento é a maioria das veces un golpe producido por unha caída ou
polo "choque" con outra persoa ou obxecto. Ambos casos son
frecuentes nos deportes, sobre todo nos deportes de contactos ou os máis
extremos.
Cando o óso desplázase da articulación provoca que se rompa
a cápsula da articulación e pode chegar a desgarrar os ligamentos da zona. A
cousa poderíase complicar máis se se viran afectados os nervios ou vasos
circundantes.
Dentro de todo o esqueleto temos uns lugares nos que é máis
frecuente a aparición de dislocacións. De arriba a abaixo, destacan as
dislocacións da mandíbula, hombros, cóbados, cadera, rodillas, nocellos e
dedos, xa sexan da man ou do pé.
O primeiro que ocorre cando se disloca un óso é a aparición
de dor e hinchazón local, xunto ca limitación de movemento. Nalgúns casos
poderíase ver a simple vista o óso fóra de lugar xunto ca deformidade da
articulación e pode chegar a aparecer hematoma. O recomendable, como no resto
das lesións, é buscar axuda médica, para reducir a dislocación canto antes para non causar daños permanentes.
O tratamento está condicionado a gravidade da lesión e de
que articulación estivera afectada. Hai maniobras que se poderían realizar para
volver poñer no lugar o óso e que deben ser realizadas por personal cualificado
(NON realizar estos procedementos se non temos idea algunha) . E tamén, como
nas fracturas, pódese poñer unha férula, tomar mediciñas e ir a rehabilitación.
O tempo de recuperación situaríase nunhas semanas, pero a probabilidade de
sufrir outra dislocación a partir da primeira aumenta, co cal é recomendable
usar algún material que protexa a articulación en cuestión.
[Como exemplo, as instruccións a seguir nunha dislocación no hombro]
Fonte: Medline, Entorno médico
No hay comentarios:
Publicar un comentario