Xa vimos nunha entrada anterior como afectaba o alcohol ao deportista (El deportista y el alcohol) pero, e o tabaco... como afecta? Podemos distinguir diferentes aspectos dentro deste tema...xa sexa o efecto do consumo do tabaco no deportista ou uso do deporte para facilitar que a persoa abandone o tabaco.
O monóxido de carbono (CO) é un gas que se desprende (xunto a outros) do fume do cigarrillo, e que se una á hemoglobina en sangue con moita afinidade formando carboxihemoglobina (COHb). Este composto ten máis afinidade ca Hemoglobina comparado ca afinidade que ten o osíxeno (hai que recordar que a función principal da Hemoglobina é o transporte de osíxeno pola sangue). Desta forma, producese unha variación no intercambio de gases no aparello respiratorio, alterándose o transporte de osíxeno ata o músculo provocando unha hipoxia relativa (a hipoxía é a falta de osíxeno nos texidos). E que ocasiona esto? Que o músculo se fatigue antes e que se recupere máis tarde.
Por outro lado temos á nicotina, que provoca un aumento da frecuencia cardíaca e da presión arterial durante o exercicio, comparando co caso da realización dese exercicio sen ter fumado antes. Estos efectos cardiovasculares, que provocan un traballo adicional do corazón, están provocados polo carácter adrenérxico (estimulante) das sustancias que se liberan ca nicotina. Ademáis, esta sustancia tamén favorece a aparición de trombos (coagulos de sangue), xa que se facilita a adhesividade das plaquetas entre sí á zona interna dos capilares arteriais.
Para concluir cos efectos do consumo do tabaco., poderíase decir que realizar un exercicio a un determinado nivel sería incompatible co hábito do tabaco, xa que a captación de osíxeno polos texidos veríase reducida considerablemente. Basándose en datos, o consumo de tabaco aumenta máis dun 10% o gasto enerxético basal, redúcese linealmente a capacidade de conseguir un consumo máximo de osíxeno, reducindo a súa vez as posibilidades dun rendemento máximo. Tamén hai que decir que en traballos a ritmos baixos poderíase compensar o efecto do tabaco, sempre que non existan alteracións por outras partes.
O outro aspecto da relación do tabaquismo e o deporte é que a actividade física é unha das ferramentas máis importantes a disposición dos fumadores para abandonar este hábito, xa que o exercicio tamén combate o estrés. E o estrés é unha das primeiras reaccións que se producen o abandonar o tabaco. O máis recomendable serían exercícios aeróbicos, sendo camiñar un determinado tempo ao día o máis axeitado.
Fonte: Puntovital , Francgilo
Fonte: Puntovital , Francgilo
No hay comentarios:
Publicar un comentario