sábado, 26 de octubre de 2013

Power balance

Todos sabemos que o exercício físico é algo moi importante na vida actual (incluso lle dedicamos gran parte das entradas deste blog...) E o ser algo tan valorado na sociedade, xa sexa polo exercicio en si mesmo ou polo obxetivo de ter un corpo en forma e saudable, aparecen aparellos que prometen mellorar a túa saude sen facer ningun esforzo nin cambiar o teu estilo de vida. O aparello deste estilo que alcanzou máis notoriedade foi a Power Balance.

 
O que vemos aquí é unha especie de pulsera ou brazalete que se convertiu moi famosa alá polo 2009, xa que seus creadores atribuiron "efectos beneficiosos" sobre a saude. Como podía ser que unha pulsera feita de plásticos poida facer eso? Pois (todo según os creadores) esta pulsera seique tiña un holograma que funcionaba a través de frecuencias atopadas no noso ambiente natural e que teñen efectos positivos no campo da enerxía do corpo. (E en que nos afectaria esto?) Pois axudarianos a desenrolar o equilibrio, a flexibilidade, a fortaleza e o benestar xeral.
Todo moi bonito, todo moi vendible. Pero esta afirmación, dende o punto de vista científico, non ten sentido. A pesar de esto, foi un éxito de vendas, chegando a aparecer imitacións. Chegamos a ver a famosos deportistas andando con ela, como Cristiano Ronaldo e Kobe Bryant. Incluso unha ministra de Sanidade española (ollo, ministra de Sanidade) apareceu con ela en diversas ocasións.

(Leire Pajín)
 
E como acaba o conto? Pois en España, por exemplo, FACUA denunciou no 2010 por publicidade engañosa e por anunciar como medicamento un producto non aprobado por Sanidade. No outro lado da Terra, en Australia, a propia compañia sacara un comunicado no que decian que os efectos das pulseras non tiñan evidencia científica algunha. E o tercer caso vai para os Estados Unidos, no que fai dous anos a empresa foi condenada por estafa e rematou indemnizando con 57 millóns de dólares a un grupo de consumidores da pulsera.
Fontes: Powerbalance (oficial), Expansión.com, ElPaís

No hay comentarios:

Publicar un comentario