martes, 22 de octubre de 2013

Esguinces

Os ligamentos son os texidos que contectan dous ou máis ósos nunha articulación.
A lesión dos ligamentos que se atopan arredor dunha articulación denomínase esguince. Son causados cando unha articulación realiza un tipo de movemento que non está na sua natureza, é decir, é forzada para realizar un movemento. Esto ocorreria en caidas, torceduras, golpes..., sendo o máis habitual o esguince de tobillo.



Os síntomas dun esguince comprenden entre dor das articulacións ou músculos afectados, hinchazón da zona e dificultade para realizar os movementos normais, debido á rixidez articular presente. Tamén poderiamos observar nalgúns casos hematoma.



-Primeros auxilios nos esguinces

Para reducir a inflamación aplicamos xeo, non aplicandoo directamente sobre a pel, se non envolto nunha tela ou metido nunha bolsa, durante vinte minutos, repetindo esta acción o largo do día. A continuación fariamos unha vendaxe sobre a zona, non moi apretada, pero si o xusto para limitar o movemento. Tamén haberia que elevar o membro afectado sobre a altura do corazón, xunto cun periodo de descanso para axudar a recuperación. Ao rematar este periodo de reposo, hai que comezar a exercitar a articulación, seguindo as pautas do fisioterapeuta ou o médico. No caso de que a inflamación non comece a baixar en dous días, existan síntomas de infección ou a dor non desaparece despois de varias semanas hai que consultar cun médico.

Para o período da recuperación hai que diferenciar os esguinces leves (de 7 a 10 días) e os esguinces graves (varias semanas).


Fonte:Instituto Nacional de Artritis y Enfermedades Musculoesqueléticas de la Piel., Medline

No hay comentarios:

Publicar un comentario