Á hora de comezar a facer un deporte determinado partindo dende cero e ca idea de realizar progresos na modalidade elexida, o máis axeitado sería elaborar unha planificación. Nesta planificación, o básico sería facer entrenamentos, entendendo un entrenamento como un proceso sistematizado e planificado co primer obxectivo de acadar un desenrolo en todos os aspectos do deportista (físico, psíquico, intelectual e afectivo). O obxectivo final sería conseguir o máximo rendemento deportivo e o seu mantemento.
Na planificación hai que desenrolar e mellorar as bases físicas do rendemento. Para isto hai que traballar catro aspectos fundamentais: forza, flexibilidade, resistencia e velocidade. Ademáis de estes aspectos, tamén hai que ter en conta as habilidades motrices xerais e específicas, como a axilidade e o ritmo. Xunto a iso, hai que exercitar a coordinación, para poder exercer conxuntamente todas as accións anteriores. Unha vez que logremos chegar ata o punto óptimo para nos, hai que continuar facendo exercicios planificados, pero sendo desta vez o obxectivo o mantemento destas condicións que tanto costaron conseguir.
En todo caso, se se pretende chegar a un estado óptimo non se pode quedar parado nunha etapa do entrenamento durante un largo periodo de tempo. Con isto quero decir, hai que introducir novidades e cambiar aspectos, meter novos obxetivos e elementos, e á súa vez debe ser un plan flexible no caso de que non deamos alcanzado un determinado obxetivo. Neste aspecto modificariamos o obxetivo problema.
Para axudar á organización da planificación, dividese a tempada en distintos períodos, onde se varia a intensidade e carga do traballo. Neste caso, o dividimos en tres períodos:
-Período preparatorio: fase de elaboración na que o obxetivo é a preparación do organismo. As cargas de traballo aumentarán de forma progresiva neste periodo. Distinguimos dous subperíodos:
- Etapa xeral: Débese alcanzar as bases das condicións físicas como a resistencia aeróbica, desenrolar a forza xeral, a flexibilidade e a velocidade. Traballase con moito volume e pouca intensidade (ritmo de traballo suave, 60-70% de frecuencia cardíaca)
- Etapa especial: Búscase o maior desenrolo das capacidades específicas do deporte exercido e o seu perfeccionamento. Disminue o volumen e aumenta a intensidade (85% f.c.)
-Período competitivo: aquí o obxetivo é manter a forma deportiva acadada no periodo anterior, así como a posta a punto do deportista para as competencias. Tamén diferenciamos dous subperiodos:
- Etapa precompetitiva: Nesta etapa as competencias pasan a ser menos importantes e evalúase a preparación dos deportistas.
- Etapa competitiva: (principal): Etapa dirixida aos resultados, sendo o obxetivo principal que o deportista acade un "alto rendemento". Intensidade, esforzo e tensión alta, pero decrece o volume do entrenamento.
-Período de transición: Neste periodo disminuen as cargas de traballo (intensidade e volume), descendendo tamén a forma deportiva. Exercicios xerais e búsqueda do despexe e tranquilidade psicolóxica do deportista.
Fonte: Endurancett , Entrenamientodeportivouno
No hay comentarios:
Publicar un comentario